Son Lourdes e esta é

A nosa historia

Son enxeñeira técnica industrial especializada en cálculo de estruturas. Durante anos traballei no sector da construción. A crise do sector e a miña situación persoal levaronme no 2015 a dar un xiro á miña vida e crear a marca “Torta de Sarria”.

Dende novembro de 2022, Torta de Sarria forma parte da marca Artesanía Alimentaria, momento no que obtiven a carta de artesá. Isto foi moi importante para min, xa que pasei a ser oficialmente artesá ademais de enxeñeira; algo que sempre sentín, pois sempre me gustou traballar coas mans.

Disfruto moitísimo do meu traballo diario, pero encántame irme ao obrador e crear novas receitas, pensar novos packagings… en definitiva, crear novos produtos. Cada día é unha nova oportunidade para explorar a miña creatividade e ofrecer o mellor da repostería artesá.

A nosa filosofía

Torta de Sarria naceu en maio de 2015 coa idea de ofrecer repostería caseira, saudable e de calidade. Os nosos produtos son elaborados con agarimo, pacencia e ingredientes de primeira calidade, sen aditivos, utilizando materias primas dos produtores da zona sempre que é posible.

Comezamos con catro referencias e hoxe en día contamos con máis de corenta, sempre buscando ofrecer novos produtos e formatos que se adapten á demanda dos consumidores. Ofrecemos opcións veganas, produtos sen azucre e diferentes presentacións en canto a tamaño e materiais de embalaxe.

Os produtos da marca “Torta de Sarria” poden atoparse en tendas especializadas de toda Galicia, en feiras do sector de alimentación e artesanía, na carta de postres de moitos restaurantes da Comarca de Sarria, en detalles de eventos e empresas para datas sinaladas, e agora tamén na nosa tenda online.