Proba Torta de Sarria

Repostería caseira, saudable e de calidade, elaborada con agarimo, pacencia e os mellores ingredientes.

Os nosos produtos

Do obrador saen tres liñas de produto: Receita tradicional como poden ser Almendrados, Cocos, Mazapán,… feitos coas receitas de sempre. Receita innovadora: Veganiñas (galleta vegana), Berveniñas (de herbaluisa), Almendrados sen azucre, estrelamp@s…elaboradas con recetas propias que son froito da investigación durante estes anos. E Receita Familiar: Torta de Améndoas e Castañas Val de Sarria.

Torta Val de Sarria
Amendoados
Estrelamp@s

Unha historia detrás de cada produto

A Torta de Améndoas e Castañas

Torta de améndoas e castañas ¨Val de Sarria¨: é unha receita familiar que miña nai e miña avoa facían para as ocasións especiais, é deses sabores da infancia que levas contigo para sempre, por iso decidín que tiña que ser a estrela da marca; é unha homenaxe ás mulleres da miña familia.

Os nosos amendoados

É unha receita tradicional, destas que case tod@s temos feito alguna vez, é tamén un dos meus doces favoritos por iso tiven claro dende o principio que tiña que estar na miña lista
de produtos. A diferencia con respecto ós que eu comera antes está en que deixo a améndoa en anacos grandes e ó tostarse aporta máis sabor.

Os Estrelamp@s

A nosa filla Xulia ten un coello ¨rex de pelo corto¨ blanco e negro chamado Estrelampo, levaba tempo pedíndome que fixera unha galleta de dúas cores inspirada nel e así naceron estas galletas. Porsuposto o deseño da etiqueta é de Xulia!!!

Repostería Artesá de Sarria: Sabor, Tradición e Innovación

Ola, son Lourdes!

Ola, son Lourdes e son a persoa detrás de Torta de Sarria. Aínda que a miña vida profesional empezou lonxe da repostería, no 2015 decidinme a seguir a miña paixón e vocación pola repostería artesá e crear Torta de Sarria

Repostería Artesá con Raíces Galegas e Sabor Auténtico