Devolucións e reembolsos
De conformidade co Real Decreto Lexislativo 1/2007, do 16 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios e outras leis complementarias (en adiante, “Real Decreto 1/2007”), no caso de que teñas a condición de consumidor, segundo o devandito termo se define na referida norma, terás dereito a desistir da compravenda nun prazo de 14 días naturais a contar desde a recepción dos produtos obxecto da compravenda sen necesidade de xustificar a túa decisión e sen penalización de ningunha clase, salvo que a compravenda se refira a algúns dos produtos e/ou servizos detallados no artigo 103 da mencionada lei, entre os que se atopan:
– O subministro de bens que poidan deteriorarse ou caducar con rapidez;
Esta excepción aplícase a todos aqueles produtos frescos ofrecidos a través da nosa web, que debido ás súas características e á súa rápida caducidade non poderán ser obxecto de desistimento.
Para o resto de produtos ofrecidos na nosa web que non teñan a consideración de frescos, poderás exercer o teu dereito de desistimento da seguinte maneira:
¿Cómo exerzo o meu dereito?
Deberás notificar a túa decisión de desistir do contrato de compravenda a través dunha declaración inequívoca remitida por correo electrónico á dirección tortadesarria@tortadesarria.gal ou ben mediante correo postal á dirección Marqués de Ugena, 48. CP 27600 Sarria, Lugo na que consten os teus datos de contacto, a referencia do pedido, data de entrega e fotocopia do teu DNI/NIF.
Torta de Sarria porase en contacto contigo para coordinar a devolución dos artigos obxecto de desistimento.
Para cumprir co prazo de desistimento, abonda con que a comunicación relativa ao exercicio do devandito dereito sexa enviada antes de que venza o prazo correspondente.
No caso de desistimento de conformidade coa presente Cláusula, Torta de Sarria devolverache todos os pagos recibidos en relación coa compra obxecto de desistimento, incluídos os gastos de entrega que puideras ter abonado correspondentes á opción de envío máis barata ofrecida, non máis tarde dos 14 días seguintes ao día no que Torta de Sarria reciba a comunicación antes indicada. Non obstante, os custos de devolución ou retorno dos produtos correrán da túa parte.
Torta de Sarria poderá efectuar o dito reembolso utilizando o mesmo medio de pago que utilizases para a transacción inicial de compra salvo que expresamente se acorde outro medio de pago. Non obstante o anterior, Torta de Sarria poderá reter o reembolso ata recibir os bens obxecto da compravenda ou ata que presentes unha proba da devolución dos mesmos, segundo cal condición se cumpra primeiro.
Os artigos deben ser devoltos nun envoltorio que garanta que os produtos estean debidamente protexidos no tránsito.
SERVIZO DE ATENCIÓN AO CLIENTE:
En calquera caso, para calquera incidencia ou reclamación poderás enviar un correo electrónico á dirección tortadesarria@tortadesarria.gal
RESPONSABILIDADE DA EMPRESA:
Torta de Sarria non se fai responsable de (i) aquelas perdas que non foran atribuíbles a incumprimento algún pola súa parte, (ii) perdas empresariais (incluíndo lucro cesante, de ingresos, beneficios, contratos, datos ou gastos innecesarios incorridos) (iii) aquelas perdas indirectas ou de carácter consecuencial que non foran razoablemente previsibles por ambas partes no momento en que se formalizou o contrato de compra dos produtos.
Nada do disposto nas presentes condicións limita ou exclúe a nosa responsabilidade no caso de falsidade, falecemento ou danos persoais atribuíbles á nosa neglixencia ou dolo.
Así mesmo, a nosa responsabilidade en relación con calquera produto adquirido na nosa páxina web estará limitada estritamente ao prezo de compra do devandito produto.
Ten en conta que isto non ten efecto algún sobre os teus dereitos legais como consumidor nos termos do Real Decreto 1/2007, nin sobre o dereito a devolver os produtos de acordo coa cláusula 8.
COMUNICACIÓNS POR ESCRITO:
A normativa aplicable esixe que parte da información ou comunicacións que che enviemos sexan por escrito. Mediante o uso deste Sitio Web, aceptas que a maior parte das ditas comunicacións con Torta de Sarria sexan electrónicas. A efectos contractuais, consentes en usar este medio electrónico de comunicación e recoñeces que todo contrato, notificación, información e demais comunicacións que Torta de Sarria che envíe de forma electrónica cumpren cos requisitos legais de ser por escrito. Esta condición non afectará aos teus dereitos recoñecidos por lei.
NOTIFICACIÓNS:
As notificacións que envíes a Torta de Sarria deberán enviarse preferiblemente a través do noso correo electrónico tortadesarria@tortadesarria.gal. Con arranxo ao disposto na cláusula 11 anterior e salvo que se estipule o contrario, Torta de Sarria poderá enviarte comunicacións ben ao e-mail ou ben á dirección postal facilitada por ti á hora de realizar un pedido.
Entenderase que as notificacións foron recibidas e foron correctamente feitas 24 horas despois de se enviar un correo electrónico, ou 3 días despois da data de franquía de calquera carta. Para probar que a notificación foi feita, será suficiente con probar, no caso dunha carta, que tiña a dirección correcta, estaba correctamente selada e que foi debidamente entregada en correos ou nunha caixa de correos e, no caso dun correo electrónico, que o mesmo foi enviado á dirección de correo electrónico que especificaras ao realizar o pedido.


